Ribeira e Corrubedo acollen a fin de semana espectáculos teatrais ao aire libre

15 Setembro 2020

A programación organizada pola Concellería de Cultura vai traer a Ribeira esta fin de semana dous espectáculos teatrais que, se o tempo o permite, se
celebrarán ao aire libre.

Trátase en primeiro lugar do espectáculo familiar “Cartoóns” que terá lugar este sábado ás 19 horas na praza do Concello (ou se chove, na carpa de usos múltiples fronte ao mercado) e que estará protagonizado polos coñecidos actores Víctor Mosquera e Josito Porto, integrantes de Excéntricas e Teatro do Adro. O evento forma parte da programación de Cultura do Camiño.
En segundo lugar, e cadrando coas celebracións pola festividade de Santa Tecla, o porto de Corrubedo dará cabida ao espectáculo “O Camiño de Santiago” de Educateatro para poñer en valor esta ruta infantil e familiar. Será ás 18 horas e está adscrito ao Fondo Xacobeo 2021.
Ambas actividades desenvolveranse en recinto acoutado que se cubrirá por orde de chegada. A mascarilla é obrigatoria.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.