Ribeira cambia de imaxe corporativa

29 Setembro 2020

No pleno do luns do concello de Ribeira acordouse dar o visto e prace a nova imaxe que promocionará a cidade. O grupo de goberno levou á sesión plenaria a implementación do novo logo corporativo coa finalidade de facelo máis moderno, funcional e atractivo.

A mellora da identidade corporativa contou cunha axuda do FEDER duns 6.000 euros.O alcalde Manuel Ruíz afirmou que o escudo municipal actual seguirase utilizando para todas aquelas cuestións oficiais e comunicacións coa Administración.

O novo logo é unha dorna mirando ao contrario do bergantín cun deseño máis bonito e moderno. É unha imaxe de Ribeira, dixo, moito máis atractiva. A nova imaxe corporativa incluirá o logo: Ribeira somos a mar”. A oposición criticou o cambio e o edil de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, pediu á presidencia que se consultase con todos os grupos políticos da corporación ribeirense. Pola súa banda o nacionalista Luís Pérez puxo en dúbida a frase pois reclamou unha maior atención para o idioma galego e salientou que mar en galego é masculino polo que habería que modificalo.

Pola súa banda o alcalde insistiu en que os responsables de márketing que elaboraron o proxecto, financiado pola Unión Europea, cren que é unha combinación perfecta para « facer xogos de palabras», como «Ribeira somos a mar de bonita ou as que lle queiramos incluír». Pola súa banda, o PBBI destacou que botaban en falta outras alternativas.

No pleno do luns acordouse dar o visto e prace ao novo escudo que promocionará a cidade e sobre a frase, o alcalde optou por deixalo enriba da mesa para que fose a corporación a que tomase unha decisión consensuada respecto diso. Suma Ribeira e o PBBI abstivéronse mentres que o resto de grupos apoiaron a proposta.

No mesmo pleno e tal como informamos en O Barbanza, Ribeira salvou o Auditorio no Pleno cos votos de PP e Psoe. O pleno abordo outros temas na orde do día e pódese ver no seguinte enlace:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.