Ribeira acondiciona a zona central da Praza do Concello

14 Setembro 2020

Logo de que o pasado 14 de xullo houbese que talar a histórica palmeira central da praza do Concello —vítima do picudo vermello e un fungo—, operarios da Brigada Municipal de Obras están a proceder dende primeiras horas da mañá ao acondicionamento da zona central onde estaba emprazada a icónica árbore ao quedar sen uso.

Praza Concello Ribeira acondicionamento Ribeira

Así, os traballos que se están a levar a cabo comprenden a eliminación da estrutura alí situada e a posterior extensión dun solado de formigón e de pavimento de granito de tal xeito que quede co mesmo aspecto que o resto da explanada, proporcionándolle un carácter diáfano.
Estímase que a actuación durará aproximadamente quince días se as circunstancias meteorolóxicas así o permiten.
Proximamente tomarase a decisión de se a praza queda definitivamente deste xeito ou se vai incorporar algún novo elemento.

Corte da palmeira da Praza do Concello Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

El Gobierno español, con el presidente de Andalucía y SS. MM. los Reyes de España, habían llegado a un acuerdo para hacer un Funeral de Estado el 31 de los corrientes, a modo de una especie de homenaje a las víctimas del accidente ferroviario de Adamuz. Por su parte,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.