En Ribeira final dunha época. A emblemática palmeira do concello podada esta mañá

14 Xullo 2020

A emblemática palmeira que ocupaba o centro da praza do concello desde mediados dos anos cincuenta do século pasado, foi cortada esta mañá tras varios anos intentando recuperala.

A empresa encargada do mantemento dos xardíns municipais con sede en Rianxo, foi a encargada de cortar a palmeira afectada pola praga do picudo vermello. A pesar dos esforzos dos técnicos municipais que levaban anos tentando recuperala, non foi posible e o final procedeuse esta maña a primeira hora a cortala.

O concello vai facer un concurso público de ideas para ver que pode ocupar o centro da praza da que se desbota inicialmente repoñer con palmeira ou poñer unha fonte, dada a ubicación da mesma e que o nordés botaría a auga fora.

Momento do inicio da poda da palmeira na praza do concello de Ribeira. Foto Joferpa

Outra da palmeiras, a situada no lateral esquerdo mais preto do consistorio, está a ser afectada tamén pola praga polo que podería correr a mesma sorte.

O alcalde Manolo Ruíz asiste o momento da poda da emblemática palmeira. Foto Joferpa

As palmeiras foron prantadas na segunda metada da década dos anos cincuenta e na imaxe do arquvo de riveira.eu pódese ver unha fotografía tomada desde a torre da igrexia na que aparece amais a emblemática Sala de Festas Cambeiro.

Praza do concello a finais dos cincuenta coa palmeira xa existente. foto www.riveira.eu
Un especialista procede a cortar por seccións a palmeira. Foto cedida
Un especialista procede a cortar por seccións a palmeira. Foto cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.