Remata en Rianxo o curso de acollemento e integración lingüística

25 Setembro 2020

A concelleira de Educación e Normalización Lingüística de Rianxo, Adelina Ces Quintáns, entregou este xoves no Auditorio Municipal os diplomas que certifican a asistencia do alumnado ao curso de acollemento e integración lingüística que impartiu ao longo deste mes de setembro Tono Formoso, profesor da Cooperativa Fabaloba. Esta actividade de formación básica en lingua e cultura galega serviu aos participantes para preparar as probas CELGA programadas para datas vindeiras en Santiago.

A concelleira lembrou que o certificado CELGA facilitaralles o acceso a empregos e listaxes de contratación públicas. Boa parte dos asistentes ao curso, procedentes dun amplo e diverso abano de países (Arxentina, Canadá, Andorra, Euskadi, Rumanía), manifestou a súa vontade de proseguir coa súa formación na lingua e na cultura da nosa terra.

A edil recordou que curso tivera que ser interrompido por mor da COVID-19 no mes de marzo, mais retomouse neste mes de setembro, para o que se tiveron que cumprir as medidas de seguridade sanitarias recomendadas: espazo de metro e medio entre o alumnado, uso de máscaras e limpeza e desinfección de mans e obxectos de traballo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.