“Remata a campaña de bocarte no caladoiro Cantábrico noroeste”. Antón Luaces

22 Setembro 2020

Xa está. Chega o momento máis duro para boa parte do sector cerqueiro de Galicia, Asturias, Cantabria e País Basco: a partir das 12,00 horas  do martes, 22 de setembro, será efectivo o anunciado peche da pesqueira do bocarte no caladoiro nacional Cantábrico Noroeste, onde a frota autorizada dispuxo dunha cota de 25.509 toneladas na campaña do ano 2020. Esta cota está a piques de ser superada e de ahí a decisión de suspender a pesqueira.

A campaña 2020 do bocarte foi, coma sempre, unha das máis importantes para a frota do cerco. Como é ben sabido, o bocarte é unha especie moi apreciada polos consumidores e indispensable para a industria conserveira, que elabora con ela produtos de alta calidade que gozan de gran recoñecemento en distintas poboacións cantábricas, significativamente as de Santoña, Castro Urdiales e Laredo, onde se elabora o 80%da anchoa que se vende en España. En Galicia destaca a elaborada artesanalmente en Cariño, e ten unha grande estima a de salazón da Costa Brava catalana. 
O total de barcos autorizados a participar na costeira deste ano foi de 210, a maioría deles con base en portos dos País Basco. Así como en campañas anteriores eran máis de medio cento os barcos galegos que participaban na costeira do bocarte (de Burela, Cariño, Porto do Son e Portosín, maiormente) na do ano 2020 non superaron a media ducia e todos eles, segundo fontes de ACERGA (asociación maioritaria en Galicia de cerqueiros) con base na localidade coruñesa de Portosín.
A partir deste próximo martes prohíbese realizar calquera tipo de captura e retención a bordo de anchoa.
A Real Academia Española de la Lengua distingue con exactitude a diferenza existentes entre buquerón e anchoa: o primeiro é o peixe, e a segunda é o resultado manter este en salmoira nos salgadoiros que, ata vai non moitos anos, se conservaban por exemplo na cidade pesqueira de Riveira, concretamente nos restos da conseveira que quedan aínda na praia de Area de Secada ou no que foi o antigo almacén “de Sofía”, en Bandaurrío, (a carón da vella fontesalgadoiros nos que a familia Fernández (propietaria de tres barcos: “Franco” (baka de arrastre), “Sofía”(cerqueiro) y “Colón” (cerqueiro). 

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.