
Este martes 1 de setembro presentouse en Porto do Son, no Centro de Interpretación do Castro de Baroña (antigo concello), un programa encamiñado a asegurar que haxa relevo xeracional no noso sector pesqueiro, co fin de manter, nas vindeiras xeracións a continuidade económica, social e histórica deste máis que relevante piar produtivo. O proxecto Relevo 2020, que se deu a coñecer entre a mocidade local en formato de reunión informativa (coas máis estritas medidas de seguridade), é en si mesmo un recordatorio á xuventude (mozas e mozos de entre 16 e 30 anos) para que se identifique co mantemento e desenvolvemento da actividade ligada ao mar, a través de formación, encontros, asesoramentos e actividades que contribúan ao mellor coñecemento dos recursos do noso litoral.
Baixo o nome de Relevo 2020, trátase dunha unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP): GALP A Mariña – Ortegal, GALP Golgo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.