Os veleiros Chispetrén, Cámping Ría de Arousa e Piko Norte impuxéronse na XII Volta a Ons

29 Setembro 2020

Finalmente os grandes protagonistas da edición duodécima da Volta a Ons, organizada o sábado 26 de setembro polo Club Náutico Arousa Norte da Pobra do Caramiñal, foron os veleiros Chispetrén, Cámping Ría de Arousa e Piko Norte.

Amais destas embarcacións e as súas tripulacións, a regata, que foi patrocinada por Atlantic Dental Institute e a Clínica Gonzalo López Castro, tivo outros protagonistas principais: a choiva e o vento (do suroeste, cunha intensidade que oscilou entre os 8 e os 14 nós). Tendo en conta estes condicionantes, a frota tomou a saída cun atraso de case unha hora por mor da inestabilidade do vento na enseada pobrense.

Na clase ORC A, o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico Arousa Norte, impúxose finalmente liderando a regata desde os primeiros impases, cruzando primeiro a liña de chegada en tempo real situada na punta do porto comercial pobrense. Tras navegar as 26 millas do percorrido, a diferenza de 9 minutos bastoulle para imporse tamén en tempo compensado ao Moucho de Daniel Ayaso, do CN de Ribeira.

Na ORC B o triunfo final foi para o Cámping Ria de Arousa de José Manuel Pombar, que despois dunha espectacular saída, viuse pelexando co Ziralla de Ramón Barreiro durante toda a proba. Os 10 minutos de vantaxe do Ziralla en tempo real non foron suficientes e tiveron que conformarse coa segunda praza. Terceira foi a embarcación ribeirense A Píllara de José Ben.

Na terceira das categorías, a ORC C, realizouse un percorrido acurtado dunhas 18 millas. A vitoria foi a parar ao CN Boiro co Piko Norte, patroneado por Jose Manuel Castro, segundo, por escasos 3 minutos foi outro barco do mesmo club, Orlando, de Vitoria Facal, que sorprendía cunha espectacular regata e a terceira posición foi para o presidente do CN de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer e o seu Arousa VI.

Outros artigos

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A UE e Mercosur non se entenden: ambas as potencias teñen medo a perder” – Antón Luaces

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

Sempre de pé, sempre con voz de soprano fumadora invitando aos visitantes da praza do peixe e a "vacía" chea. Manola "A Fodina", filla de Agustin "O Fodón", levaba anos vendendo as capturas de seu pai aló por Guidoiros. A súa dorna pintaba en negro e vermello. Ía solo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.