Os usuarios da UAD de Ribeira acoden este mércores a un almorzo solidario do obradoiro O Pote

29 Setembro 2020

O Concello de Ribeira vén de informar que a comunidade de usuarias e usuarios da Unidade de Asistencia de Drogodependencias (UAD) participará nos almorzos solidarios que elabora o alumnado do obradoiro de cociña O Pote. A iniciativa, inserida no programa Almorzos Saudables do obradoiro, desenvolverase este mércores en horario de 11.30 a 12.30 horas nas instalacións da Escola Municipal de Hostalería (segundo andar do mercado municipal). Na actividade, os usuarios da UAD de Ribeira terán oportunidade de degustar distintas receitas elaboradas polo alumnado do taller, baixo a tutela do profesor Patxi Mobilla.

Os diferentes pratos estarán preparados sobre a base de diversas materias primas naturais como froitas, xamón, queixo ou zumes. Xunto aos usuarios da UAD estará o seu profesor de carpintería, Manuel Casais, ademais dos concelleiros de Servizos Sociais e de Promoción Económica, Ana Ruiz e Ramón Doval.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.