Os montes veciñais do Barbanza, en exposición “Vida Futura”, en Xixón, en colaboración coa Fundación RIA e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza

A exposición “Vida Futura”, que poderá visitarse ata o 12 de decembro de 2020 en Labora Centro de Arte en Gijón, presenta seis pezas de artistas nacionais e internacionais que analizan as conexións ocultas entre os sistemas biolóxicos, sociais, tecnolóxicos e culturais. As obras alertan, de distinto xeito, sobre as crecientes alteracións do
fráxil equilibrio destes sistemas. Estas propostas apuntan a que a actual pandemia só pode ser consecuencia, e non causa, do que está acontecendo.
Entre os artistas que expoñen a súa obra en “Vida Futura” atópase Stefan Laxness. Laxness é un investigador dos espazos, preocupado pola nosa responsabilidade colectiva na transición de economías que, como a nosa, dependen dos combustibles fósiles. Na súa última produción investigou o impacto que a restauración medioambiental a gran escala podería ter na forma en que habitamos e ocupamos os nosos territorios.
En ausencia dun proxecto espacial participativo de amplo alcance para debatir a restauración medioambiental, Laxness centra a súa atención nos montes veciñais en man común de Galicia.
En colaboración coa Fundación RIA e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, Stefan Laxness desplegou unha serie de técnicas sensoras medioambientais de código aberto para rexistrar procesos de abandono de terras e despoboación, implicarse neles e reflexionar sobre as consecuencias dun proxecto colectivo de restauración medioambiental.
Nese aprender dos montes veciñais, Stefan Laxness propón que unha rede de comúns territoriais se converta nun marco clave co que abordar uns procesos en marcha, afectados polo estrés climático, que ameazan con intensificar o declive social e ecolóxico de grandes áreas de España e do territorio europeo. Esta obra foi producida a través dunha residencia en
LABoral Centro de Arte.
Stefan Laxness é un artista e investigador de Arquitectura con base en Londres. No pasado foi líder de proxectos da axencia de investigación Forensic Architecture (FA), nominada en 2018 ao Premio Turner. Stefan da clases na Architectural Association (AA) de Londres, onde está á frente de Diploma 9. Expuxo a súa obra no Pabellón Antártico da Bienal de Arte de Venecia.

Traballou con anterioridade en estudios de arquitectura de Londres e París.
https://www.stefanlaxness.com/
Da man da Fundación RIA establécese a colaboración con Stefan Laxness, que actualmente participa nunha estadía artística no Centro de Arte e Creación La Laboral de Gijón. A súa investigación, centrada na rexeneración ambiental mediante o “rewilding”, ou “volta ao salvaxe”, toma o exemplo do Barbanza para recoñecer o papel fundamental das comunidades locais nos montes en man común para preservar a biodiversidade a través de procesos produtivos e comunitarios que facían das aldeas e parroquias, unidades autosuficientes e resilientes. A súa investigación incorpora así unha componente que o Laboratorio Ecosocial do Barbanza considera fundamental: o papel activo das comunidades locais na xestión e manexo do territorio como garantes da biodiversidade e da resiliencia.
No marco da súa investigación, Stefan Laxness relizou o 23 de agosto en Froxán un mapeo aéreo mediante drons e un globo aerostático no que tomou imaxes das masas vexetais con cámaras especiais, ademáis de documentar unha xornada de traballo das Brigadas deseucaliptizadoras dende o aire.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, é un proxecto que coordina Fundación RIA en colaboración co grupo de investigación HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela e que conta coa financiación da Fundación Banco Santander e o apoio da Cátedra Juana de Vega. A páxina do proxecto está disponible en galego, castelán e inglés na seguinte dirección: (www.barbanzaecosocial.org). Con este proxecto, mediante saídas de campo, entrevistas ao veciños de varias aldeas e visitas aos arquivos municipais; quérese coñecer as actividades e procesos que facían sustentables e autosuficientes no pasado ás comunidades da península do
Barbanza. Deste modo é posible evaluar cáles destas prácticas se poden replicar e adaptar ao contexto actual para poder promover a súa reactivación e frear o abandono. O vindeiro ano o Laboratorio Ecosocial espera dar apoio técnico e económico a veciños e comunidades que
estean interesadas na posta en marcha de iniciativas agrogandeiras, forestais e outras que aporten beneficios económicos, sociais e medioambientais.
Se necesitan calquera aclaración, contacten coa persona a cargo das comunicacións de prensa de LABoral Centro de Arte, Semíramis González, a semiramisgf@gmail.com , ou con LABoral Centro de Arte no teléfono 985 131 308.