Os campamentos de verán da Xunta en Porto do Son e Boiro rematan tras catro quendas de actividades

04 Setembro 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo esta mañá cos participantes nos campamentos xuvenís que se están a celebrar en Porto do Son e en Boiro. Estas dúas actividades, que chegan hoxe ao seu fin, forman parte da Campaña de Verán da Xunta de Galicia que afronta estes días a súa recta final.

Campamentos de verán da Xunta en Boiro

As rapazas e rapaces que se dan cita na última quenda destes dous campamentos están a desfrutar de xornadas de convivencia que xiran en torno a actividades de aventura moi vencelladas á natureza. Así, no campamento Virxe de Loreto (Porto do Son) participan mozas e mozos de 14 a 17 anos que aproveitan á proximidade á praia para realizar, principalmente, deportes náuticos.

Pola súa banda, o campamento xuvenil Espiñeiras (Boiro), ademais das actividades de aventura, céntrase na temática teatral. Trátase de facilitar á xente nova un primeiro achegamento a esta disciplina artística dunha maneira lúdica e formativa.

En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Así mesmo, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego.

Campamentos de verán da Xunta

Outros artigos

Porto do Son botouse ao monte este domingo pola igualdade

Porto do Son celebrou este domingo 16 de marzo unha nova actividade do Concello encadrada na celebración do 8M, Día Internacional da Muller: unha actividade participativa que tivo o obxectivo de visualizar dende o lecer ao aire libre a necesidade de seguir derrubando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...