Os Bolechas estarán o 27 en Ribeira e os monicreques de Cascanueces o 26 en Artes

21 Setembro 2020

Este domingo 27 de setembro a familia de Os Bolechas fai unha parada en Ribeira para presentar, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal, o seu espectáculo Os Bolechas e a Porta dos Camiños, dirixido a nenos e nenas de catro a oito anos e que forma parte do programa de dinamización lingüística Falaredes (impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Nesta nova aventura, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá botaranlle unha man ao programador informático Haker Mater para poñer a punto a Porta dos Camiños, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos itinerarios xacobeos ás persoas que queren peregrinar e non saben por que vía facelo. Para conseguiren que funcione a máquina, os cinco irmáns, acompañados do seu can Chispa, necesitarán a axuda do público, que se divertirá e aprenderá mentres participa neste reto.

Aínda que a asistencia é gratuíta, o Concello lembra que é imprescindíbel reservar entrada enviando un correo electrónico co nome e apelidos, teléfono e calidade de conviventes a normalizacion@ribeira.gal (recibirase un correo de confirmación co número das súas butacas).

Monicreques en Artes

Ademais, o sábado 26 de setembro ás 18 horas no Centro Recreativo de Artes haberá un espectáculo de monicreques da compañía Títeres Cascanueces baixo o título Unha armadura con ferruxe. A obra xira arredor dun cabaleiro que quedou preso na súa armadura, e a súa familia, por mor deste feito, non sabe cal é o seu verdadeiro aspecto. A súa esposa e o seu fillo loitarán desesperadamente por liberalo.

Esta iniciativa forma parte da programación da Fiestra da Cultura de Ribeira e conta co patrocinio de Cultura no Camiño (AGADIC-Xunta de Galicia). O aforo é limitado e irase cubrindo por orde de chegada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.