O verán cultural de Boiro prosegue en setembro con contacontos, concertos e exposicións

10 Setembro 2020
Magín Blanco estará en Boiro participando nas actividades do verán cultural

O Concello de Boiro, a través do seu departamento de Cultura, estendeu até ben entrado o mes de setembro o seu programa de actividades culturais de verán, con máis espectáculos e concertos que seguen a mesma tónica dos meses previos: citas seguras, en formatos medios e pequenos, de balde, descentralizadas, para todos os públicos e con totais garantías de seguridade.

A programación do verán cultural para o mes de setembro inclúe contacontos, que se van realizar nas bibliotecas de Escarabote e Boiro con Magín Blanco ou Raquel Queizás… propostas tamén na Casa da Cultura de Boiro e no Centro Social de Cabo de Cruz. No mes de setembro está programado a maiores un concerto de Sés, para o que xa están as entradas esgotadas, e tamén unha proposta que se vai realizar en Cures: Música de verbena da orquestra Puzzle.

Ademais das actividades do verán cultural, coa colaboración das concellerías de Educación e Xuventude, estase a desenvolver un Festival de Arte Urbana, con obradoiros de rap e graffiti, parkour e breakdance, un escape room

Ademais das propostas do departamento, o Concello de Boiro colabora coa Pousada da Galiza Imaxinaria nun ciclo de concertos que se desenvolven na Boqueira de A Negral. Están previstos o de Coque Malla, o domingo 13 de setembro, e o de M-Clan, o sábado día 19.

O departamento de Cultura ten programadas tamén dúas mostras para este mes: Paixón Agochada de Fran Gess, que se pode visitar no Centro Social de Cabo de Cruz, e Fillos do océano. Fotografías de Javier Teniente que estará ata o 3 de outubro na sala de exposicións da Casa da Cultura.

A programación completa pode consultarse na web municipal. O Concello lembra que “para cumprir coas medidas de control e seguridade establecidas para a prevención da COVID-19”, é preciso inscribirse para reservar praza e asistir a todas as actividades.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.