O Son ofreceu unha finde de teatro da man de Malasombra Producións e a obra Bernarda

28 Setembro 2020

O Concello de Porto do Son e a Deputación da Coruña (a través da súa Rede Cultural) levaron este sábado 26 á Casa da Cultura sonense a representación de Bernarda (Vilalba 1975), espectáculo da compañía Malasombra Producións baseado no texto orixinal de Jose Prieto, que tamén é director da adaptación teatral.

A cita, que podemos ver reflectida nun completo álbum fotográfico publicado nas redes sociais polo Concello de Porto do Son, veu acompañada das máis estritas normas de seguridade e distanciamento, o que non impediu que fose un éxito de público malia vir co consabido aforamento limitado. O elenco estivo integrado por Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.

Bernarda, cualificada pola compañía como “un drama con humor para público adulto” é unha obra de 75 minutos que relata a vida das dúas fillas xemelgas dunha muller chamada Bernarda, que fica viúva o mesmo día en que morre o ditador Franco. Bernarda, ante este panorama de dupla desgraza, decreta o estado de loito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.