O setembro cultural rianxeiro remata cunha mostra de Karin Kuijper e con Medida x Medida

23 Setembro 2020

A Área de Cultura do Concello de Rianxo vén de compartir con nós a axenda cultural rianxeira para este remate de setembro. Este sábado de setembro inaugúrase na sala de exposicións do Auditorio unha mostra que estará habilitada até o 24 de outubro, a exposición Arte Naive, que xunta parte da obra pictórica da artista holandesa afincada en terras rianxeiras Karin Kuijper. A inauguración da mostra está prevista para as 12.00 horas.

Na mesma xornada e no mesmo lugar (o Auditorio), aínda que a diferente hora (a partir das 20.30 horas) a agrupación Excéntricas e o autor da nosa comarca Quico Cadaval representarán Medida x Medida, adaptación baseada na obra do mesmo nome do dramaturgo inglés William Shakespeare. Baixo a dirección de Quico Cadaval, o espectáculo está protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay e Bernardo Martínez. O Concello confirmou que as entradas para Medida x Medida levan varios días esgotadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.