O PSOE de Noia solicita que non se leve a pleno a ordenanza das terrazas

22 Setembro 2020

O PSdG-PSOE de Noia solicitará que non se leve a pleno a ordenanza das terrazas polo equipo de Goberno. A decisión vén dada logo dun “exhaustivo estudo” por parte do grupo municipal, un traballo no que se manifestou que “debido á situación actual derivada da pandemia da COVID-19, na que o sector da hostalaría local se está a ver tan prexudicado”, non resultaría este que estamos a vivir “o intre máis idóneo para abordar unha ordenanza que sería máis restritiva”, explica o equipo socialista, poñendo o foco na situación complexa na que se verían os locais (que, alegan, “non poderían dispor da superficie da que fan uso actualmente e que terían unha serie de gastos extra para poder adecuarse á normativa”).

Segundo fan saber, a ordenanza atinxe directamente ao tipo de mobiliario permitido e a materiais do mobiliario e cerramentos, o que obrigaría a algúns locais a renovar toda a súa infraestrutura.

O PSdG-PSOE de Noia considera que “hai que seguir axudando ao sector neste momento tan complicado e non tomar unha decisión que prexudicaría gravemente a moitos dos locais que están a sufrir neste contexto actual”. Así, os socialistas instarán ao Goberno local a que realice neste intre un estudo da situación actual das terrazas e que se asesore aos hostaleiros para regular as instalacións existentes e que todas cumpran coas súas obrigas. Tamén piden que se identifiquen e se resolvan as situacións que poidan supor un perigo para peóns ou para o tráfico rodado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.