O polideportivo de Lousame acolle este domingo o Festival de Novo Circo

29 Setembro 2020

O Concello de Lousame organiza este domingo 4 de outubro o Festival de Novo Circo, unha iniciativa que xunta dous espectáculos de clown: por unha banda Peter Punk e o neno imperdible e pola outra Hell Brothers, da man de Peter Punk e Cirkompacto, respectivamente. Ambas actuacións terán lugar no Polideportivo Municipal de Lousame, ás 18.30 e 19.30 horas.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, fixo saber que “estamos ante unha oportunidade para desfrutar toda a familia de dous importantes grupos do novo circo, xa non baseado en animais pero que mantén o seu humor e as actuacións de clown, acrobacias e malabares”. A entrada é totalmente de balde, se ben o aforo é limitado, debido á aplicación dos protocolos contra a COVID-19, polo que é preciso reservar entrada chamando ao 981 825 780.

As actuacións darán comezo ás 18.30 horas con Peter Punk e o neno imperdible, un espectáculo no que Isaac Rodríguez Miranda interpretará a Peter Punk, un pallaso pillabán e irreverente que nesta ocasión compartirá escenario co músico Brais das Hortas. Durante unha hora, ambos actores combinarán humor, equilibrios e música de ata seis instrumentos diferentes: guitarra eléctrica, guitarra portuguesa, acordeón, harmónica…

Ás 19.30 horas, Iván Casanova e Malala Ricoy converteranse nos Hell Brothers, un espectáculo de clown, humor e acrobacias excéntricas. Un espectáculo de 50 minutos no que Iván e Malala representarán a Rejhuz e Glakghs Setén, os fillos do Demo que son expulsados do inferno para que aprendan a facer o mal por eles mesmos. Un divertido espectáculo a cargo de Cirkompacto, compañía de recente creación.

O Festival de Novo Circo é un espectáculo organizado polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Gadis e o Xacobeo 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.