O libro A que cheiran as cores? recala en tres centros educativos da Pobra

18 Setembro 2020

A Concellaría da Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal entregou ás bibliotecas de tres centros educativos do municipio varios exemplares do libro A que cheiran as cores?, do investigador, científico e divulgador pobrense Juan Casto Rivadulla Fernández.

Concretamente, os beneficiarios son o CEP Salustiano Rey Eiras, o CEP Pilar Maestú Sierra e o IES da Pobra do Caramiñal. Os exemplares foron subministrados a estes centros por ser “estes colexios os que teñen un alumnado cunha idade que se adapta mellor ao contido da obra”.

O obxectivo desta iniciativa, en palabras do Concello, “é contribuír á educación a través da cultura, así como da posta en valor da literatura en galego e de autores e autoras da zona”.

Con ilustracións de Nuria Díaz, o libro A que cheiran as cores? responde a cuestións que semellan complexas ao tempo que explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. A obra xa foi presentada no Elma no mes de xullo con moi boa acollida entre o público, tal e como reflectimos no seu día dende O Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.