Na Pobra o libro “A que cheiran as cores?” presentouse no Teatro Elma

01 Agosto 2020

Con gran asistencia de público o Teatro Elma de A Pobra acolleu a presentación do libro “A que cheiran as cores? do investigador, científico e divulgador Juan Casto Rivadulla Fernández, escritor e neurocientífico do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña e escritor

O acto comezou cunha actuación dun grupo de alumnos da Escola da Banda de Música da Pobra. Logo a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, presentou os ponentes do acto tras agradecer a asistencia e a organización do acto.

En nome da A. C. Barbantia falou Cipriano Pose, da Libraría Ler da Pobra falando da continuidade do suplemento cultural A Voz de Barbantia, que segue a saír grazas á colaboración de La Voz de Galicia e pese aso momentos difíciles debido á COVID-19. A continuación, o psiquiatra e escritor, e tamén socio de Barbantia, Fidel Vidal, nunha amena disertación sobre a presenza da clínica na literatura, quen salientou a capacidade de Juan Casto Rivadulla para divulgar conceptos complexos con gran amenidade. Interviu logo a pediatra Araceli García Pose, quen indicou a importancia do coñecemento do cerebro dos nenos e as posibilidades do cerebro e de inculcar habilidades nos nenos. O autor, Juan Casto Rivadulla Fernández, non falou propiamente do libro, senón que a través dunha presentación interectativa coa participación do público explicou a complexidade do cerebro: “O esencial das neuronas non é o seu número, senón as interconexións entre elas”. Rematou o acto o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, biólogo, que asegurou ter lido o libro que se presentaba con pracer e que prometeu que a obra chegaría a todas as escolas e bibliotecas do municipio. Rematou o acto como comezou, coa intervención do grupo de alumnos da Escola de Música da Pobra a quen se lles agasallou por parte da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, cun exemplar do libro. O autor asinou exemplares do libro.

Ademais de co autor, contouse coa presenza de Fidel Vidal Pérez (psiquiatra, escritor e poeta), Araceli García Pose (licenciada en Medicina e Cirurxía Pediátrica e médica da área das Urxencias Pediátricas no CHUAC), Cipriano Pose (socio da A. C. Barbantia e libreiro), Patricia Lojo (concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal) e Xosé Lois Piñeiro (alcalde da Pobra do Caramiñal).

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...