Benestar Social do Son achega aos maiores do concello unha actividade de bailoterapia

25 Setembro 2020

O Concello de Porto do Son segue adiante co seu programa de actividades de envellecemento activo e saudábel para as e os maiores do termo municipal. Nesta liña insírese a actividade de bailoterapia que se vai desenvolver a partir deste 28 de setembro, co obxectivo de achegar ás persoas de máis de 60 anos (e pensionistas de máis de 55) unha oportunidade “para manterse activas e en forma a través dunha experiencia divertida”. Organiza a Concellería de Benestar Social, que informa de que o número de teléfono para formalizar as inscricións é o 981 867 414.

As actividades desenvolveranse os mércores no Polideportivo de Santa Irene en Porto do Son (de 18.00 a 19.00 horas), os xoves na Casa da Cultura de San Pedro (de 18.30 a 19.30 horas) e os venres na Casa da Cultura de Caamaño (de 16.00 a 17.00 horas e na Casa da Cultura de Xuño en horario de 17.15 a 18.15 horas). Haberá, por motivos de seguridade sanitaria, prazas limitadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.