O Goberno confirma que as novas instalacións da Policía Nacional de Ribeira estarán listas a mediados do ano vindeiro

23 Setembro 2020

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, visitou este 22 de setembro as que serán as novas instalacións da Policía Nacional en Ribeira, un proxecto que conta cun orzamento de 2.592.519 euros para a súa habilitación e posta en marcha e que, segundo lembrou, ten un prazo de execución de dezaoito meses.

A subdelegada supervisou as obras na compaña do alcalde, Manuel Ruíz Rivas, do xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro, director de produción da Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penais e da Seguridade do Estado (SIEPSE), Juan José Torrejón, quen confirmou que as obras rematarán a mediados do vindeiro ano. Tamén dixo que “unha vez executada a obra”, procederase a dotar de equipamento e mobiliario as novas instalacións antes da súa apertura.

Segundo detallaron, na parcela onde se están a construír as novas dependencias locais da Policía Nacional (unha superficie total de 2.074 metros cadrados), habilitarase un edificio con soto e catro andares (soto, andar baixo, primeiro e segundo), incluíndo galería de tiro (no soto) e todos os servizos necesarios para o desenvolvemento da actividade policial, ao que cómpre engadir unha oficina da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM). A vertente administrativa estará situada nos tres andares superiores. Nas plantas baixa e primeira habilitaranse os espazos de atención ao público, ademais dos despachos e salas correspondentes ao uso administrativo. Na parte traseira disporase un aparcadoiro con 16 prazas, unha delas para persoas de mobilidade reducida.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.