O “Furabolos” abandona o porto de Ribeira tras anos fondeado. Era un dos barcos de pesca ilegal máis buscado do mundo

01 Setembro 2020

A retirada do palangreiro “Eros Dous” do porto de Ribeira cumpríuse hoxe e á primeira hora desta tarde abandonaba a dársena a embarcación que acumulaba anos de abandona, tempo no que sufriu desde actos vandálicos a ocupacions e dous incendios. A longa e complexa tramitación para retirar a desvencixada embarcación permite levala ao despezam rematando as peticións dos usuarios da rada.

O palangreiro sufriu distintas incidencias e foi ocupado e incluso sufríu un incendio. Era un dos barcos de pesca ilegal máis buscados do mundo. A Comisión Europea prohibiu en novembro de 2008 a entrada a este barco, abanderado en Panamá, en calquera porto comunitario, mentres a organización ecoloxista Oceana condenaba que as autoridades españolas non procedesen ao seu despezamento.

O Eros Dos, coñecido como o Furabolos , era un palangreiro que levaba abandonado anos e estaba fondeado na dársena ribeirense. O barco arribou a Santa Uxía no 2009 e, despois de anos sen actividade, no 2018 Portos declarouno en situación de abandono e iniciouse un proceso de poxa pública que concluíu coa súa venda.

Incendio do Eros dos no ano 2018

Dous anos tardouse ainda en realizarse o traslado debido ós trámites administrativos. O “Eros Dous” abandonou estar tarde e o porto e tentarase agora reflotar e levar ao despezamento ao L’ Etel, o seu veciño de amarre, afundido en augas da dársena a principios deste ano. A previsión de Portos é que o expediente para a súa retirada complétese no último trimestre deste 2020.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.