Gran acollida no Festival internacional de Cine de Ourense de “La Isla de las mentiras”. A estrea en cines será o 2 de outubro

27 Setembro 2020

A película dirixida por Paula Cons “ La isla de las mentiras” estreouse este sábado no “Festival Internacional de Cine de Ourense” con gran acollida por parte do público. Trala proxección o público asistente participou no coloquio coa directora e guionista Paula Cons.

Festival Internacional de Cine de Ourense. Estrea de “La Isla de las mentiras”

Festival Internacional de Cine de Ourense

Trátase da única película galega que compite na Sección Oficial e foi presentada a semana pasada no “Festival de San Sebastián”. É a primeira longametraxe que dirixe Paula Cons, cunha ampla experiencia no mundo do audiovisual.

A película, tal como publicamos en O Barbanza, foi estreada en Arxentina o pasado 14 de maio na plataforma online do “Instituto Nacional de Cine e Artes Cinematográficos” de Argentina “. Durante o seu primeiro mes de proxección foi a película máis descargada con máis de 70.000 visualizacións.

En España estreouse o pasado 24 de xullo na plataforma Filmin.es, a canle online máis prestixiosa do cinema independente .

A película será estreada en circuito comercial o próximo venres día. En Ribeira será proxectada nos Multicines Barbanza onde se poden comprar desde xa as entradas.

A película “A Illa das mentiras” dirixida por Paula Cons, utiliza como base do seu argumento o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel acontecido o 2 de xanero do 1921 e do que se van cumprir 100 anos. Neste tráxico suceso morreron 213 persoas e salvaronse 53.

Aínda que arranca en Sálvora durante o naufraxio, o argumento é unha ficción novelada que non narra os feitos reais do acontecido aínda que os usa como referencia.

Outros artigos

Martes 13, chuvias locamente fortes na primeira metade do día

Continuaremos este martes 13, baixo o dominio das baixas presións, polo que persistirá a inestabilidade atmosférica. Durante a mañá, a fronte moi activa da xornada do luns irá abandonando o país, deixando precipitacións xeneralizadas, que poderán ser localmente fortes...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

Digo "dolorosamente" por haber llegado a esta triste situación, y emocionante, al ver salir en mil ciudades de EE UU, gentes de toda condición, a la calle defendiendo sus derechos. A Abraham Lincoln se le atribuye la famosa frase: "Puedes engañar a todo el mundo algún...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.