O Concello de Rianxo achega unha oferta deportiva segura para todas as idades

22 Setembro 2020

O Concello de Rianxo presentou a oferta deportiva para a tempada de inverno 2020/21, incluíndo as organizadas de xeito directo polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal. Segundo informa o Goberno rianxeiro, “é unha oferta adaptada aos tempos que discorren, marcados polas restricións e as medidas de prevención para garantir a seguridade na práctica deportiva”. Isto reflíctese na presenza no programa de actividades e modalidades deportivas (individuais e colectivas) que garanten a distancia entre os participantes. Porén, malia estas limitacións, que tamén se poñen de manifesto nunha redución da oferta, o obxectivo do Concello é abranguer a maior cantidade de poboación.

O programa caracterízase tamén por vir descentralizado, con propostas para todas as parroquias rianxeiras, “co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (neno/as e terceira idade)”.

As actividades para crianzas son modalidades deportivas ás que se pode acceder nos pavillóns municipais (2 escolas deportivas: tenis e patinaxe), na Piscina Municipal e a través das escolas de formación dos clubs rianxeiros (6 modalidades: piragüismo, remo, baloncesto, xadrez, voleibol e artes marciais mixtas). Estas iniciativas son as que de momento inician o curso, estando á espera do que aconteza co fútbol.

En canto ás actividades para adultos e terceira idade, as persoas interesadas poderán escoller entre 20 propostas diferentes, que van desde o multifitness e o tenis nos pavillóns municipais a unha ampla oferta de iniciativas acuáticas (pool dance, pool salus…) e dirixidas (cross, pilates, step, be hipopresivos…) na Piscina Municipal.

Asemade, mantéñense os grupos de ximnasia para a terceira idade en todas as parroquias do concello.

O prazo de inscrición abriu o xoves 17 de setembro e as actividades darán comezo o 5 de outubro.

Para máis información e inscricións cómpre que nos poñamos en contacto co Servizo de Deportes e nos Pavillóns Municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.