O Concello de Boiro ultima cos centros educativos os protocolos anti-COVID nas aulas

04 Setembro 2020

A concelleira de Educación nunha visita recente ao CEIP de Escarabote

O Concello de Boiro está a traballar arreo coas direccións dos centros docentes do termo municipal para ter prontas, preparadas e seguras as aulas de cara ao inicio do curso. Ao abeiro destes labores, a edil de Educación, María Outeiral, reuniuse nas últimas semanas cos equipos directivos de todos os centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria para coñecer as necesidades de cada un e ultimar os protocolos de seguridade a seguir.

“Desde o Concello fixemos todo o que está na nosa man para o acondicionamento dos centros de ensino. Fai meses que temos solicitada unha xuntanza coa Consellería de Educación para afrontar aquelas actuacións que as direccións demandan e competencia da Administración autonómica”, afirma a concelleira, engadindo que se están a perfilar cos colexios e institutos as demandas pendentes e facendo avanzar os protocolos para o inicio do curso (cubrindo as necesidades en canto a desinfección, limpeza e material de protección). “Os centros están afrontando as medidas de seguridade tendo en conta os protocolos que lles indica a Administración autonómica”, explicou, anunciando que os días vindeiros “darase conta das necesidades que se presenten á Consellería de Educación e agardamos o seu apoio co Concello e cos centros de ensino para levalas a cabo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.