O Concello de Boiro ofrece un curso de servizos de bar e cafetería para mocidade desempregada

22 Setembro 2020

O Concello de Boiro ofrece un novo curso de servizos de bar e cafetería, correspondente ao plan de Acción Formativa para Desempregados (AFD). A actividade formativa impartirase entre os meses de outubro e abril no Centro de Formación de Espiñeira. Terá unha duración de 658 horas de duración.

O Goberno boirense lembra que os cursos AFD están indicados para mozos e mozas menores de 30 anos á procura dun posto de traballo. Para inscribirse neste curso de formación é preciso ter o grao en Educación Secundaria (ESO), ciclo medio de FP, Competencias Clave nivel 2 ou proba de acceso a ciclos.

Respecto da actividade formativa sobre servizos de bar e cafetería, desenvolverase no Centro de Formación e Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, en horario de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas. Ademais da formación específica na modalidade de servizos de bar e cafetería, o curso consta dun módulo transversal no que o alumnado recibirá formación sobre inserción laboral, sensibilización medioambiental e tamén formación para a igualdade.

Pode consultarse toda información sobre este curso e inscribirse nel no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro, de maneira presencial no primeiro andar da Casa Consistorial, a través do enderezo electrónico orientacion.laboral@boiro.org ou o teléfono 981 84 26 09.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.