O BNG comprométese coas ANPAs de Ribeira a esixir un curso escolar seguro e con protocolos consensuados

22 Setembro 2020

Co obxectivo de avaliar conxuntamente o inicio do curso marcado pola COVID e as incertezas que guinda a pandemia, o BNG ribeirense mantivo unha xuntanza coas ANPAs do termo municipal. Na reunión estiveron presentes a deputada do BNG Rosana Pérez, a responsábel local de acción social, Cruz Rivadulla Márquez e os concelleiros do grupo local, Xosé Vázquez Cobas e Luís Pérez Barral. Na sesión, as asociacións mostraron a fonda preocupación que lles ocasiona un protocolo anti-COVID do Goberno galego que, segundo reflectiron, “non foi consensuado coa comunidade escolar”. Tamén expresaron as súas críticas pola falta de persoal de desinfección nos centros, os problemas do transporte escolar ou a ausencia de diálogo coa Xunta. Segundo fixeron saber os representantes da agrupación política, as demandas das nais e dos pais serán levadas ao Parlamento e ao Concello.

Con respecto a problemas concretos que se dan nos centros educativos de Ribeira, as ANPAs destacaron “a falta de persoal para desinfección”, a “carencia de espazos e profesorado para desdobrar aulas”, o “abandono por parte da Consellaría de Educación descargando a responsabilidade con respecto aos comedores” ou “a incongruencia de ter que compartiren profesorado especialista”.

A deputada, Rosana Pérez Fernández, mostrou “o compromiso do BNG cun inicio de curso escolar presencial e seguro”, impulsando “os investimentos precisos que garantan a máxima seguridade da poboación escolar fronte a irresponsabilidade da Xunta que nada fixo en seis meses e improvisa a última hora”.

Pola súa banda o voceiro do BNG en Ribeira, Xosé Vázquez Cobas, agradeceu esta reunión que cualificou como “moi produtiva” e mostrou a disposición do Bloque a facer todo o que estea na súa man para “trasladar os problemas que poidan detectarse ás institucións onde sexa preciso”. Tamén se comprometeu, en nome de agrupación nacionalista, a traballar a nivel local para “poñer fin a eivas relacionadas co transporte escolar, problemas de pingueiras ou a falta de espazo nalgúns centros educativos do municipio”.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.