No Barbanza hai sete centros nos que se detectaron nove alumnos contaxiados da COVID-19

30 Setembro 2020

A Consellería de Sanidade informa da aparición doutro neno contaxiado no centro educativo boirense “A Galiña Azul” de Praia Xardín. Este novo caso obrigou a pechar a aula de bebés e enviar ao resto de compañeiros e de docentes que os atendían a pasar unha corentena preventiva nas súas vivendas que durará entre 10 e 14 días.

Nesta mesma situación están os nenos dunha clase da gardería municipal de Ribeira, onde, tal como informamos en O Barbanza o venres pasado coñecíase a noticia de que un raparigo tiña o virus. Os 12 alumnos e a auxiliar e a profesora dese módulo foron enviados a casa se ben as probas PCR deron negativo se ben deberán estar confinados nos seus domicilios. Estes dous centros educativos son os únicos da comarca nos que, nestes momentos, permanecen pechadas dúas aulas.

No resto do Barbanza rexistraron alumnos contaxiados o colexio Santa Baia, e os institutos da Cachada e Espiñeira de Boiro, tres do colexio de educación infantil e primaria Castelao de Rianxo, municipio no que tamén hai outro positivo na escola municipal da Galiña Azul. Actualmente hai nove alumnos de sete centros educativos da comarca que teñen COVID-19

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.