Na Pobra tres persoas feridas nunha colisión entre coches

02 Setembro 2020

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración nunha colisión por alcance rexistrada esta tarde na Pobra. O suceso produciuse na vía que une os xardíns de Valle-Inclán co aparcamento da chaira portuaria.

Un vehículo parouse diante do paso de peóns para deixar atravesar a uns peóns, e o automóbil que lle seguía non se decatou e chocou con el. As dúas persoas que ían neste segundo turismo tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao hospital de Barbanza porque se queixaban de varias dores en bonecas e o pescozo.

Tamén o ocupante do primeiro turismo presentaba unha lixeira dor na zona cervical, pero o seu estado era leve. Ata o lugar acudiron efectivos da Policía Local de Protección Civil da Pobra, ambulancia e os bombeiros de Ribeira que limparon a zona.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.