Manuel Ayaso doa dez pinturas á Casa da Cultura de Aguiño que leva o seu nome

Manuel Ayaso doa dez pintutas á Casa da Cultura de Aguiño. O pintor aguiñense prometeu doar toda a súa obra o Concello de Ribeira. Ayaso incluirá na colección traballos de artistas internacionais como Durero, Rembrandt y Chagall

Nun acto celebrado no salón de plenos do consistorio local o pintor Manuel Ayaso oficializou este mediodía a doazón dun total de dez pinturas que irán
destinadas á casa de cultura que leva o seu nome en Aguiño, a súa localidade natal.
Diante dunha ampla representación da Corporación municipal, o creador explicou que a colección (formada por acrílicos de diferentes tamaños) posúe unha temática mariñeira e foi realizada ex profeso no mes de setembro para ser legada ao Concello de Ribeira. Ademais, avanzou que é a súa intención doar tamén á administración municipal as entre 2.000 e 3.000 obras que ten no seu poder, incluíndo creacións non só da súa man senón de artistas internacionalmente coñecidos como Durero, Rembrandt ou Chagall.
Sede permanente
Pola súa parte, o alcalde declarou que “a calidade humana e pictórica de Ayaso merecen o recoñecemento deste pleno á hora de buscar unha sede permanente” e sinalou neste sentido que barállanse dúas opcións: crear unha sala Manuel Ayaso na futura municipal de Ribeira ou ben adquirir e rehabilitar un inmoble no entorno da praza de Teruel.
Os títulos dos cadros son: “Ovo pico araña”, “San Sebastián”, “Atador”, “Cristo mariñeiro”, “Neno con barco”, “Zancudo”, “Pescadora”, “Virxe”, “Polbeiro” e “Pegaso”.

Manuel Ayaso doa dez pintutas á Casa da Cultura de Aguiño