“Manda o atún”. Antón Luaces

05 Setembro 2020
Antón Luaces

Son moitas as queixas rexistradas en toda Galicia -ao igual que no resto das comunidades do Cantábrico Noroeste- pola escaseza de especies que eran, ata o de agora, as que permitían a supervivencia do sector pesqueiro desta parte de España que trata de, por todos os medios, facer rendible un sector que as distintas administracións pesqueiras semellan querer tentar fundir cada vez máis e máis ao fondo.

A captura da sardiña rematou como rematou. A do bonito, xa me contarán. A do bocarte, ánimas benditas. A xarda, que dicir que non se saiba?. Un xurelo, visto e non visto. E así, todo manga por hombreiro en medio dun desleixo que ninguén pode entender. Agás os que concordan na apreciación de que se intenta facer desparecer a pesca artesanal que, sen moito tempo de por medio, defendían a unlla e espada culpando á Unión Europea de descoñecer o verdadeiro valor da pesca artesanal. 

Saben a Xunta, o Goberno central e a UE o que significa para un país tan dependente da pesca como é Galicia a morte deste sector da produción?.
Levo falado longo e tendido do tema con aqueles que máis saben da pesca. Veteranos armadores e patróns, mariñeiros que levan anos mamando temporais e comprobando como as actuacións dos -cando menos- corresponsables destas, semellan mirar para a outra banda condo o vento non lles ven a favor.
Este ano houbo sardiña a esgalla e decidiron rematar coa pesqueira. Houbo xurelo e fóise polo mar abaixo. Houbo bocarte e sorte tiveron os bascos e algúns -poucos- galegos que foron pescala ó Golfo de Biscaia. Agardaban os barcos de artes menores un bó ano de polbo e todo quedou en pó. E uns e outros preguntan por que.
A resposta ao por que é nidiamente clara: as costas galegas reciben cada vez máis a visita dos grandes cetáceos mariños que precisan de centos de quilos de peixe cada día para realizaren unha inxesta que tamén a eles lles permita sobrevivir. Son animais mariños que comen calquera peixe que se atopen no seu camiño cara ó norte, un punto no que localizan cos seus xeorradares os para eles indispensables atúns, unha costeira á que tamén se puxo fin cando no mar había exemplares para “parar un tren”, díxome Xosé María: “O atún abunda de tal xeito que nunca na miña vida de mariñeiro tal cousa vin. Chegan a entrar nos portos, como aconteceu recentemente na dársena da Coruña. Pero non se poden capturar. E eu lembro moi ben cando, hai poucos anos, falaron de establecer unha parada biolóxica na captura da sardiña de dez ou máis anos para acadar a recuperación desta pesqueira. En tres anos  de redución das capturas, a sardiña véuse arriba dun xeito tremendo. A proba está no mar. E agora pasa o mesmo co polbo. Queren recuperalo parando un mes e así noin hai xeito de recuperar nada. Hai que lle dar tempo: levamos anos pescando polbo a 40-50 brazas de fondo, na area. A frota concentra o esforzo nos mesmos lugares un ano destrás doutro e non se ten en conta que o ciclo biolóxico deste animal é lento. Por que no dan descanso á pesqueira e permiten que se recupere?. Son moitas horas no mar sacando deste moito máis do permisible, pero a Xunta non modifica caladoiros nen prohibe que os mesmos mariñeiros deixen caladas as nasas ata que lles parece chegado o momento de recollelas. E por se fose pouco todo isto, están os mergulladores, que matan todo o que lles peta. E, complemento do que digo, os golfiños, as baleas, as candorcas, ós que o polbo lles sabe mellor ca os humanos. Non regulamos, non vixiamos o que se fai no mar, e así nos vai. Por fóra do Porto Exterior de Punta Langosteira, hai unha chea de atúns de 400-500 quilos que nunca houbo por aquí. Veñen ao polbo   e ao peixe pequeno. Somos moitos a turrar da mesma teta e o leite tardará máis ou menos pero todos sabemos que hai un momento no que remata para todos”.
Non queren afrontar as paradas biolóxicas polas que unhas ducias de embarcacións menores poderían recibir axudas económicas e invisten, afirma Xosé María, unha inxente cantidade de cartos en facer bonitas as fachadas marítimas da Comunidade Autónoma. “Cando non se poida pescar. comeremos cemento, palmeiras e adornos mil. Pero a xente non poderá traballar nin redistribuir o esforzo pesqueiro”, remata Xosé María.
A cadea trófica está ahí. Uns comemos a outros. Pero tamén compre ter en conta que hai colectivos que teñen os seus salarios asegurados en terra e disputan á xente de mar o que é para estes a sobrevivencia.
Algo terán que facer aqueles que agora, en Galicia, rematan de tomar posesión dos seus cargos. Son repetidores. Saben en que levan anos fallando. Pero non varian o rumbo. E así nos vai.

Outros artigos

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social;mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechosadquiridos...