Galicia rexistra dúas novas mortes por COVID-19, un no CHUS, o que eleva a 6 as notificadas este mércores e a 650 o total.

02 Setembro 2020

A Consellería de Sanidade informou do falecemento nas últimas horas en Galicia doutras dúas persoas con coronavirus, co que xa son seis as mortes notificadas este mércores polas autoridades sanitarias e 650 o total de decesos relacionados coa Covid-19 desde o inicio da pandemia.

En concreto, trátase de dous homes de 92 e 74 anos, ambos con patoloxías previas, que se atopaban ingresados no Hospital Clínico de Santiago e no Hospital Lucus Augusti de Lugo.

O falecido en Santiago era un varón de 92 anos que estaba ingresado no CHUS e que presentaba patoloxías previas. En canto ós brotes o do Multiusos do Sar dou 30 positivos e o da hostelería de lalín, 15.

Con iso, este 2 de setembro non só é o día ata a data con máis falecidos con COVID-19 desde o agravamento da pandemia nas últimas semanas, senón tamén a xornada na que a Consellería de Sanidade comunicou unha cifra superior a catro falecidos nos últimos case catro meses. En concreto, desde o 5 de maio, cando se comunicaron 9 mortos con COVID-19.

As mortes con COVID-19 foron subindo nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contagios na Comunidade galega. Desde a ‘nova normalidade’ notificáronse un total de 31 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.