“Galicia a piques de perder o caladoiro de NAFO”. Antón Luaces

12 Setembro 2020

Hai pouco máis de 25 anos, Canadá puxo en xaque á frota española -galega na súa inmensa maioría e cunha importante tripulación procedente ou residente en municipios da península do Barbanza- que faenaba en augas de NAFO dedicada fundamentalmente a unha especie obxectivo á que os españois axudaron substancialmente a poñer en valor: o fletán negro. Á vez evidenciáronse os fortes nexos de unión entre Canadá, o Reino Unido e Francia, triunvirato no que España non tivo nunca pito que tocar e que está a servir a día de hoxe para profundar -e nunca mellor aplicado o verbo- no obxectivo de obter dos fondos mariños do Atlántico Norte a inmensa riqueza que estes atesouran en petróleo e gas: Canadá en augas NAFO, Reino Unido e Francia en augas de Gran Sol.

E agora, vinte e cinco anos despois do asalto inmisericorde do arrastreiro-conxelador ” Estai” nas mesmas augas de NAFO, Canadá dá outro paso adiante anunciando un recorte radical das cotas de pesca na área. Un recorte que afecta especialmente o bacallau, a raia e a cabra e, en menor medida, á xa exigua cota de fletán. É a repetición, aclara a Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueira ( AETINAPE), dunha liturxia que Canadá emprega anualmente. A situación final será, de calquera xeito, menos mala e os funcionarios e políticos poderán quedar, unha vez máis, como heroes #ante o seu público por defender os seus intereses nas opacas negociacións internacionais. Como sempre, entoarán o clásico “puido ser peor”, frase moi propia dos políticos españois.

Os canadenses van esquinando ano tras ano un pouco máis aos buques europeos, reducidos xa á mínima expresión porque na actualidade tan só faenan naquelas augas -e tan só uns meses de cada anualidade- tres bacaladeros e nove fletaneros españois que xeran máis de 300 postos de traballo directos e preto de 2.500 indirectos. Tamén pescan alí catro barcos portugueses e un estoniano.

A proposta de reducir radicalmente as capturas procede do Comité Científico de NAFO, organismo dominado por Canadá e os seus intereses petroleiros en augas do Atlántico Norte utilizadas pola frota europea. No fondo, o que perseguen ano tras ano é “limpar” esas augas de pesqueiros por canto a súa explotación non é rendible.

Canadá leva, como se dixo, décadas  tentando expulsar os barcos comunitarios. Demóstrao a súa intención de ampliar a súa Zona Económica Exclusiva ( ZEE) máis aló das 200millas, sen logralo (de momento). A súa diplomacia centrouse en potenciar o seu propio lobby neste organismo político-científico, que rexe a regulación en augas do Atlántico Norte.

O declive por asfixia da frota de NAFO -da que formaron parte as mellores unidades da de Galicia- súmase a outras de gran altura que foron perdendo importancia en España, onde nunca se apostou pola pesca como sector de futuro. Coa frota reducida á mínima expresión, agora debería desmantelarse boa parte do sector administrativo pesqueiro, rebosante de altos funcionarios, organismos e estruturas políticas cuxo fracaso na defensa deste sector produtivo é evidente.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...