En Ribeira o tráfico na travesía Canarias estará restrinxido o xoves e venres na media hora de entrada do alumnado ao CEIP

09 Setembro 2020

A adaptación dos centros de ensino aos protocolos covid con motivo da súa apertura a partir de mañá está repercutindo nalgunhas competencias do
Concello relacionadas con tráfico, obras e o servizo de limpeza de interiores, sempre baixo a coordinación da Concellería de Educación.
Así, no que se refire á circulación (e ademais de velar pola seguridade viaria en xeral regulando os horarios de entrada e saída nos distintos centros educativos) cómpre destacar dous medidas concretas:
 Por unha parte, mañá xoves e pasado mañá venres, entre as 8.45 e as 9.15 horas, non estará permitida a circulación de vehículos pola travesía Canarias coa fin de facilitar o acceso ao CEIP O Grupo a través da porta traseira coincidindo coa media hora de entrada do alumnado.
 Por outra parte, vaise reservar a explanada de aparcamento situada xunto ao IES Número 1 en Coroso para actividades de recreo en días lectivos (en horario de 10 a 13 horas): unha medida que se prolongará ao longo do curso cando menos mentres dure o bo tempo.
A incidencia do covid-19 tamén afecta a actuacións realizadas en colexios por parte da brigada municipal de obras. Así, no CEIP O Grupo construíuse unha rampa accesible e conducente a unha das portas do patio no ánimo de facilitar a separación do alumnado (cómpre informar a maiores que tamén se están efectuando efectuaron traballos de reforzo do muro posterior). E no que respecta ao CEIP de Olveira, colocouse plaqueta no baixo-cuberta do edificio para poder utilizar este espazo.

Outras obras efectuadas pola brigada foron a reforma dun baño de infantil no CEIP Frións, a colocación de tarima en 5 aulas do colexio de Artes (á espera de remodelar o patio e ampliar o seu parque infantil cunha actuación adscrita ao Plan de Obras e Servizos da Deputación), a ampliación dun aula no colexio A Capela, o pintado da biblioteca e a colocación de tarimas no Heroínas de Sálvora de Aguiño, a instalación de tarimas tamén en Pé do Corniño ou a reforma do baño, subsanación de humidades e creación dun espazo axardinado no colexio de Deán.

Limpeza de interiores
Por último, cómpre informar de que se tomaron as medidas oportunas para reforzar a limpeza de interiores en cumprimento da normativa covid, incluíndo o horario do Plan Madruga.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.