En Palmeira detida unha persoa por desobediencia na zona portuaria

13 Setembro 2020

A Policía Local de Ribeira procedeu na noite de onte a deter un varón de 49 anos no entorno portuario de Palmeira por desobediencia aos axentes da
autoridade.
En torno ás 21.30 horas, a Policía Local recibiu unha chamada na que se lle comunicaba que un vehículo marca Mercedes estaba circulando a gran velocidade pola zona portuaria de Palmeira con medo dos alí presentes, habendo que apartar incluso algunhas mesas das terrazas da contorna. Unha vez na localidade, os axentes observaron que varios viandantes tiñan retido ao condutor —que presentaba unha conduta e apariencia que evidenciaban atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes— ao lado do seu vehículo, conseguindo así mesmo facerse coas chaves do mesmo no ánimo de evitar que o volvese a
coller.

A dotación policial requiriu en diversas ocasións a documentación persoal e do vehículo ao individuo, quen fixo caso omiso ata que, varios minutos despois, facilitou a mesma sen que cesase na súa agresividade, ameazas, insultos e desafío aos axentes e resto de persoas presentes.
Os axentes da autoridade decidiron apartalo dirixíndoo ao vehículo policial, non sen antes informarlle de que era detido por desobediencia e dos dereitos que lle asisten. O individuo realizou constantemente unha resistencia activa e foron necesarios tres efectivos para poder reducilo e introducilo no vehículo. Unha vez no interior, estivo propinando golpes e patadas ao vehículo e insultando e ameazando aos axentes durante todo o traxecto ata as dependencias da Policía Nacional.
Alí se lle requiriu ata en oito ocasións á realización das probas de alcoholemia, negándose en todas elas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.