En Boiro o parque da Cachada contará cunha pista de petanca

26 Setembro 2020

O Concello de Boiro está a traballar para acondicionar un espazo no parque da Cachada para a práctica a petanca. A actuación é unha demanda feita por veciños e veciñas que practican esta modalidade, xa que non se dispón de ningún espazo no que practicar este deporte no municipio.
Os operarios municipais comezaron as tarefas de acondicionamento dun
espazo no parque da Cachada para habilitar unha pista de petanca, preto de
onde está situado o campo de bolos. O que se fixo foi aplanar un espazo para delimitar a pista de area coas medidas regulamentarias.
A idea é, pouco a pouco, dotar o espazo con zonas para a practica de
distintos xogos tradicionais moi demandados pola veciñanza. O obxectivo desta actuación e que a veciñanza da terceira idade dispoña dun sitio de
entretemento ao aire libre.

Parque da Cachada. Boiro

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.