Diario dun enterro de Gonzalo Hermo é a obra máis demandada na Biblioteca de Rianxo

02 Setembro 2020

De cando en vez hai informacións que desmenten de pleno a vella máxima de que ninguén é profeta na súa terra. Estes días a Biblioteca Municipal de Rianxo confirmou que, logo de nove meses despois da súa publicación, a novela Diario dun enterro, do escritor rianxeiro Gonzalo Hermo, foi a obra máis solicitada no centro de lectura: o libro máis prestado do verán.

Gonzalo Hermo, que tamén é autor de outras tan notábeis como Crac (Barbantesa 2011) ou A vida salvaxe (PEN Clube Galicia, 2018), recibiu o ano pasado o Premio de Narrativa Breve Repsol por Diario dun enterro, unha novela que supón un achegamento á temática da morte e dos seus rituais a través da mirada e das emocións do seu personaxe protagonista, Xacobe, un escritor novo que vive en Barcelona e que ten retornar á vila galega na que naceu, Eiradona, tras recibir a noticia da morte do seu avó materno. Ao seu regreso, “baixo a influencia presente da personalidade do finado”, terá ocasión de revivir os días da súa nenez e da relación cun amigo íntimo “que axiña ha perder”.

Filólogo, profesor e escritor

Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) é licenciado en Filoloxía galega e doutor en Lingüística. Impartiu docencia na Universidade de Santiago de Compostela e mais na Autónoma de Barcelona. Actualmente, vive en Barcelona, onde traballa como autónomo no sector editorial e é profesor de escrita creativa da Escola de Lletres.

Publicou tres libros de poemas: Crac (Barbantesa, 2011), Celebración (Apiario, 2014), editado en catalán por Godall Edicions e en castelán por La Bella Varsovia, e A vida salvaxe (Pen Club Galicia, 2018). Gañou, entre outros recoñecementos, o Premio da Crítica en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández en 2015 e o Premio de Poesía Afundación 2018. Diario dun enterro é a súa primeira novela.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.