Comezan en Ribeira as obras para dotar de máis beirarrúas o barrio das Abesadas

30 Setembro 2020

O Concello de Ribeira iniciou as obras destinadas á construción dun treito de novas beirarrúas no barrio de Abesadas, preto dos dous estacionamentos disuasorios gratuítos municipais alí enclavados. Ao abeiro desta iniciativa, os operarios da empresa Construcións Fermín Simal están a desenvolver unha intervención pola cal dotarase esta zona, lindeira coa rotonda da Poutada, de 60 metros lineais de beirarrúas de baldosa hidráulica. O Concello lembra que o emprazamento obxecto das obras tiña pavimento de terra.

A mesma actuación engloba outros dous traballos de mellora da seguridade viaria que se localizan na rúa Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño; e en Iñeiras na parroquia de Olveira.

O conxunto da actuación entraña un investimento de 43.408 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...