Boiro recibe setembro con música urbana, teatro e circo

01 Setembro 2020

Pajarito e a agrupación circense Pistacatro

Setembro comeza con forza en Boiro, cunha manchea de actividades culturais. A axenda arrinca este xoves (xoves e venres) cunha clase maxistral de música urbana, na aula CeMIT de Boiro (Centro Social) en horario de 10.00 a 12.00 horas e 12.00 a 14.00 horas. Trátase dunha masterclass de creación musical encadrada no programa do Festival Urbano de Arte, que se vai desenvolver durante o mes de setembro. As prazas son limitadas, a inscrición para a actividade pode facerse no enderezo electrónico educacion@boiro.org.

O sábado a música urbana segue adiante cun Obradoiro de rap e grafitti, a partir das 18.00 horas na Boqueira de A Negral, a carón das pistas de skate. Esta actividade formativa tamén se insire no programa do Festival Urbano de Arte. Ao igual que no caso anterior, as prazas son limitadas, a inscrición para a actividade pode facerse no enderezo electrónico educacion@boiro.org.

O venres 4 de setembro haberá unha actividade específica para os máis pequenos, o espectáculo Soñando inventei, que representan María Faltri e Jorge Juncal na praza de San Roque en Cespón, a partir das 20.00 horas. Trátase dunha actividade musical para público infantil e familiar que aborda conceptos de concienciación e respecto relacionados coa diversidade de xénero. O aforo é limitado. A reserva de entradas pode facerse en reservacultura@boiro.gal ata o día 4 de setembro ás 13.30 horas.

Na xornada do sábado 5 novamente haberá marxe para o lecer infantil e xuvenil, da man da agrupación Pistacatro, que ofrece, a partir das 20.30 horas na contorna do Centro Social de Abanqueiro (se chove no interior), o espectáculo A vida tola de Pajarito, unha actividade de humor para todos os públicos. O aforo é limitado e a reserva de entradas pode facerse a través do enderezo electrónico reservacultura@boiro.org ata as 13.00 horas do día 5/09/2020 ou no momento da actuación por rigorosa orde de chegada.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.