Boiro inaugura as obras de saneamento en Coroño e Teaño

25 Setembro 2020

O Concello de Boiro ven de levar a cabo unha importante obra de
saneamento na rede de pluviais nos núcleos de Coroño e Teaño, así como a
mellora do pavimento. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz; e o arquitecto municipal, Emilio Piña, visitaron esta mañá as obras xa rematadas.
O coste da actuación ascende a 74.628,73 euros, con cargo ao POS 2019 da Deputación Provincial da Coruña. O resultado destes traballos é a eliminación de vertidos puntuais de augas negras que, ata o de agora,
chegaban ao rio Coroño, dando resposta a unha demanda de mellora de
servizos no rural, así como a mellora do pavimento para favorecer a conexión entre as aldeas da contorna.
No núcleo de Coroño ampliouse a rede de saneamento, realizando a
conexión a sete vivendas e deixando proxectado para as 12 parcelas
edificables que existen no lugar. En Teaño levouse a cabo a condución de
pluviais ao colector xa existente de augas limpas, eliminando os problemas de entradas de choiva no interior das vivendas.
Coa mellora de rede de saneamento en Coroño e Teaño elimínanse
vertidos puntuais que se producían no río, mellorando a calidade
medioambiental do curso do rio ata o estuario e renovase o firme dun tramo duns 700 metros de estrada, co que se favorece a conexión entre os veciños das diversas aldeas da contorna.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.