Boiro acomete obras de renovación do pavimento en diferentes tramos do rural

22 Setembro 2020

O Concello de Boiro acaba de comezar a acometer as obras de
renovación do pavimento nos núcleos de Coviña, Souto Novo, Aruxo, Cotarón e contorna do Cemiterio Municipal. As obras, realizadas con cargo ao POS 2019 da Deputación da Coruña, constan dun orzamento total de 98.553 euros, e un prazo máximo de execución de dous meses.
O obxectivo desta obra é mellorar o firme en diferentes tramos do entorno rural. O pavimento existente presenta numerosas deficiencias con gastos excesivos para a súa conservación, polo que se precisa unha rehabilitación integral para conservar e mellorar as características funcionais de seguridade e comodidade e a protección do conxunto do firme. Tamén hai un tramo, que une a parte traseira do cemiterio co campo de Vistalegre, que é de terra, polo que existe a necesidade de construír un firme acorde ao seu uso.
Para a rehabilitación do firme analizáronse distintos factores, como son a
cantidade de tráfico e vehículos pesados que circulan polos diversos tramos de estrada. Todos estes pavimentos levan un 15% de árido reciclado procedente de demolicións, que favorece ao factor ecolóxico ao reducir o consumo de áridos de canteira.
As obras comezaron nos últimos días e xa se realizou o asfaltado no tramo de Coviña a Souto Novo. Neste momento estase traballando na limpeza de cunetas e acondicionamento dos tramos de estrada en Aruxo e Cotarón, para realizar o pavimentado, e tamén se está a traballar na pista que une o
cemiterio con Vistalegre, actualmente de terra, para asfaltala.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.