Boiro acollerá as primeiras sesións do programa formativo Relevo2020 organizado polo GALP

18 Setembro 2020

O Concello de Boiro participa no Programa Relevo 2020, que organiza o
GALP Ría de Arousa e que se vai desenvolver en Boiro ata o mes de
decembro. O programa ten como obxectivo formar a mozos e mozas para
traballar e emprender en actividades vinculadas co sector do mar. A primeira das sesións vai ter lugar en Boiro e comezará o vindeiro 28 de setembro.

Relevo 2020 é un proxecto que busca dar a coñecer aos xóvenes as posibilidades de futuro no sector marítimo, turismo mariñeiro, medioambiental, oceanográfico, gastronómico… e axudarlles na elaboración dun proxecto laboral futuro. Os obxectivos deste programa son facilitar a formación co sector marítimo e pesqueiro e social e a súa repercusión. Busca tamén apoiar a profesionalización do sector marítimo e pesqueiro, a través da creación de emprego e poñer en manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras así como loitar contra o cambio climático.
Vai dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os
30 anos. Non é necesario ter titulación relacionada, nin experiencia previa e
pode compaxinarse co ámbito educativo ou laboral. En Boiro vaise realizar
dende o 28 de setembro ata o mes de decembro, todos os luns en horario de
tarde. Aínda quedan algunhas prazas dispoñibles. Toda a información a través do enderezo electrónico omix@boiro.org

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.