As celebracións de Santa Uxía comezan este venres con eventos de balde e seguros

11 Setembro 2020

Fran Rei vestirase de superheroe no primeiro día de actividades

O Concello de Ribeira fixo este ano un intenso traballo para manter viva a celebración da patroa local, Santa Uxía, argallando unha decena de eventos en formatos medios e pequenos, gratuítos e baixo estritos protocolos de seguridade. A axenda comeza o día 11 de setembro (venres) ás 19 horas coa actuación de Fran Rei na praza da Porta do Sol co seu espectáculo Superheroe. Ás 21 horas celebrarase un novo concerto da programación das Rúas Musicais: nesta ocasión será a banda local Espazo en branco a que toque na praza de Vigo.

Tamén ás 21 horas haberá unha ruada de musica tradicional co Grupo Tahume, con saída do parque García Bayón e desfile polas rúas e prazas da urbe ata rematar no Museo Municipal ás 22.15: hora na que dende o balcón deste edificio actuará a coñecida gaiteira Susana Seivane.

O sábado 12, Día de Santa Uxía, a partir das 11 está prevista unha ruada de música tradicional coa banda de gaitas Os Castros de Ames, con saída do parque García Bayón para rematar na Porta do Sol. Ás 12, oficiarase unha misa solemne na honra da patroa no adro da igrexa e a praza da Porta do Son que estará cantada polo Coro Parroquial.

Ás 13 horas haberá na praza de Compostela un novo concerto das Rúas Musicais que correrá a cargo de Blow. Ás 19 horas, a Porta do Sol dará cabida á unha actuación infantil e familiar cos Contos de Pablísimo. E xa para rematar a xornada, ás 21.30 horas na Porta do Sol actuará o grupo Gallaecia Small Band con Paty Lesta.

O domingo 13 de setembro desenvolverase ás 13 horas un concerto de Thais Suki na rúa Santa Uxía para pechar as Rúas Musicais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.