“As candorcas percorren augas dos seus devanceiros en Galicia”. Antón Luaces

01 Setembro 2020

Trinta e oito anos após a decisión da Comisión Baleeira Internacional (CBI) de poñer remate á caza de baleas, volven estar presentes en augas de Galicia os grandes cetáceos que remudan a aqueles  outros fantásticos seres mariños que eran -aínda son- os cachalotes, as propias baleas e as candorcas (orcas) omnipresentes a non moitas millas de distancia das costas galegas e das que se beneficiaron hai moitos anos pobos mariñeiros como Cariño e Malpica ou, máis recentemente, Cee (Factoría Caneliñas, a máis grande da península Ibérica) e as de Massó, en Cangas; Morás, en Xove, e a factoría de Pebsa, na Coruña. 

Factoría Caneliñas (memoria industrial en Galicia)

Seres mitolóxicos para o gran pintor Urbano Lugrís (que deixou mostras da súa concepción onírica baleeira na vila de Malpica) que este ano aparecen novamente en augas próximas ás costas de Galicia: primeiro cachalotes e baleas, e agora, procedentes do sur, unha familia de candorcas (ou orcas) avistada  ao Norte de Cádiz, en augas portuguesas, e pasada  semana á altura do cabo Touriñán e posteriormente nas inmediacións da illa de Ons e a escasas dúas millas do cabo Corrubedo. 
A peculiaridade  destas candorcas é que o pasado domingo foron avistadas ao norte das illas Ons e, pouco dempois das cinco da tarde, perto de Corrubedo. Foi o seu, en Galicia, un comportamento estrano, pero non como para facer fincapé nese concepto que algunhas persoas -entre estas algúns xornalistas- manteñen destes mamíferos, ós que cualifican de “asasinos”. 
Para Alfredo López, responsable da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) é moi probable que os avistados en Ons e Corrubedo sexan unha parella de candorcas, un de cuxos exemplares podería estar ferido talvez nun inesperado contacto con algunha embarcación. Só así se poderían explicar estas accións “intimidatorias” contra un veleiro francés e o Mirfak (tamén veleiro, este da Amada española, que resultou con danos no timón derivados dese encontro inesperado coa candorca).
Por este comportamento “raro”, o CEMMA recaba información sobre as candorcas. Unha delas podería estar ferida a causa dun encontro negativo que agora pode xustificar eses contatos físicos dos últimos días e que non son, nen moito menos,  “distintivos” destes animais mariños que poden acadar ata máis de 20 metros de lonxitude, e que actuarían movidas por unha defensa que nós entendemos coma un ataque.
Outra familia de candorcas -ou talvez a mesma pero en boa medida disgregados os seus membros-  foi localizada a semana pasada á altura do cabo Touriñán con rumbo norte, posiblemente na percura de atúns supostamente xeolocalizados por elas. Hoxe, martes, pescadores galegos que faenaban ou navegaban ao norte do Cabo Fisterra, deron aviso de que polas proximidades  e rumbo norte, visibilizaran candorcas que ppoderían ter relaciòn cos feitos relatados de Ons e Corrubedo. 
Outro veterano mariño da Costa da Morte desbotaba a posibilidade de que o contato co veleiro MIRFAK  deses dous exemplares de candorca derivara nun “ataque” contra o timón da embarcación. Segundo o mariño, non existen sinais de “mordidas” na pala do timón, o que fai pensar deberon de golpear este  nunha das aproximacións e rompelo.
Sexa como for, as autoridades mariñas chaman a evitar accións negativas contra as candorcas. Máxime se hai algún animal ferido. Piden iso sí, que se informe onde foron localizadas e o rumbo que levan.
As candorcas, aínda que hai moitos anos que non “navegan” por augas galegas, en absoluto son alleas aás augas de noroeste ibérico.  

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.