Adíase na Pobra a actividade Cociñando nas prazas por mor do mal tempo

18 Setembro 2020

A mala previsión meteorolóxica para este luns 21, festivo local na Pobra do Caramiñal, obrigou ao Concello a refacer o seu programa de actividades para as festividades do Nazareno, tomando a decisión de aprazar a actividade Cociñando nas prazas con Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro) e consistente nunha demostración gastronómica (showcooking) e o posterior repartimento de tapas polos establecementos hostaleiros.

En total, estaba prevista a distribución de 920 petiscos, elaborados con produto local, nas propias mesas das terrazas dos locais inscritos (unha vintena na contorna de diversos espazos: praza Victoriano García Martí, praza de Maura, paseo dos Areos, praza Paulino Santos Mieites e praza Valle-Inclán) para que a degustación fose controlada.

A nova data na cal terá lugar esta cita aínda está por determinar ao depender da previsión do tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.