Abren as inscricións para as Escolas Deportivas de Boiro

21 Setembro 2020

O departamento de Deportes do Concello de Boiro organizará neste curso acabado de comezar (o curso 2020-2021) a nova edición (a 28) das Escolas Deportivas Municipais, un amplo programa de dinamización e formación deportiva que arrinca este primeiro de outubro e que cubre as demandas tanto da poboación adulta como da infantil e xuvenil. As inscricións están abertas e poden facerse directamente no departamento de Deportes, na Casa da Cultura de Boiro.

A axenda para maiores inclúe ximnasia para xubilados, bailes de salón, tenis e tamén actividades ao abeiro do programa Boiro Actívate, con propostas para persoas con patoloxías ou doenzas moi específicas.

Pola súa banda, o programa deportivo infantil e xuvenil recolle propostas para a mellora da motricidade, tenis, ciclismo, atletismo, programa de promoción de voleibol, voleibol, xadrez, remo, piragüismo, baloncesto, tríatlon, natación, golf, vela e patinaxe artístico.

Ademais das distintas escolas deportivas, vanse disputar ao longo do ano diversas competicións deportivas nas distintas instalacións das que dispón o Concello. As persoas usuarias interesadas poden solicitar o uso de diversas instalacións para a práctica deportiva no teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico deportes@boiro.org.

As inscricións para as Escolas Deportivas Municipais 2020-2021 do Concello de Boiro están abertas e deben facerse de xeito presencial no departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro.

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.