A Xunta apoia o peche cautelar nas rías de Muros-Noia pola presenza de toxinas

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, apoiou o peche cautelar nas rías de Muros-Noia, que obrigou a paralizar a actividade e que adoptou a confraría en base aos níveles de toxicidade detectados nas augas.

A conselleira confirmou un “incremento considerable de fitoplancto” e explicou que, coas probas realizadas o venres, non se podía optar polo peche definitivo.

“Pero dada a evolución, decidimos o peche cautelar”, dixo considerando que a medida inicial adoptada pola confraría de pescadores foi “unha boa decisión para evitar riscos” de fronte ao produto final que chega ao mercado.

A Conselleira sinalou que se analizaron este martes “máis mostras” das condicións ocenaográficas para ver “como evoluciona a toxina”. “Esta toxina non é igual que a diarreica ou paralizante”, engadiu ao ser preguntada a este respecto nun encontro con medios de comunicación sobre o proxecto de rexeneración da ría do Burgo.