A Policía Local de Ribeira tramita dilixencias contra un veciño que triplicaba a taxa de alcol

17 Setembro 2020

A Policía Local de Ribeira vén de tramitar dilixencias para someter a xuízo rápido a un veciño do municipio por un delito contra a seguridade viaria.
Os feitos presuntamente constitutivos deste delito aconteceron en torno á 1.20 da pasada madrugada nas inmediacións do porto de Ribeira, cando integrantes da patrulla fiscal e fronteiriza da Garda Civil observaron un vehículo circulando a gran velocidade que mesmo invadía nalgún momento o carril contrario.
Cando lle deron o alto, constataron que o condutor presentaba síntomas evidentes de embriaguez, razón pola cal se puxeron en contacto coa Policía Local para que fixera as probas de alcoholemia.
Os resultados arroxados foron de 0,89 mg/l na primeira proba e de 0,69 na segunda.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.