A Pobra retoma as obras en varias vías públicas

14 Setembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría dos Servizos Municipais, anunciou a vindeira posta en marcha de varias actuacións de mantemento e asfaltado nos vieiros municipais, unas tarefas que estiveron paralizadas por mor do Estado de Alarma e que, tal e como fixo saber este luns o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, “tiveron que agardar até este mes de setembro malia que nunha situación normal xa estarían en marcha dende o pasado mes de maio”.

A edil dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, encargouse de detallar cales son as obras e o seu importe. Así, indicou, no pasado venres iniciouse a reparación dun camiño no lugar de Caíños, por 4.743’20 euros, coa limpeza e a nivelación das rasantes da superficie existente, a carga dos produtos sobrantes e o seu transporte ao vertedoiro, incluída a reparación de fochancas nas zonas en que sexa necesario cunha achega de recheo de grixo e o seu compactado para, a seguir, proceder co subministro, extensión e compactado dunha mestura bituminosa en quente tipo AC16 Surf 50/70 D, nun espesor de 5 centímetros, despois do rego de adherencia.

En catas vindeiras, sinalaron, acometerase o arranxo da vía que une as estradas AC-302 e Tarrío, cun custo de 8.379’25 euros, o cal comprende o fresado do pavimento en asfalto e o envío do sobrante a un vertedoiro autorizado; a protección de tapas con formigón coa adaptación á nova vía e o pavimento de aglomerado asfáltico en quente de 5 centímetros, de elaboración na planta, de composición densa D-20, con árido granítico; a extensión e compactado ao 98% do ensaio Marshall, inclusive regos de imprimación e adherencia.

Asemade, procederase á reparación do tramo final da rúa do Castelo coa súa conexión coa AC-305, por 7.569’15 euros, que inclúe o corte do pavimento cunha máquina disco, o fresado do pavimento en asfalto e o envío do sobrante a un vertedoiro autorizado, a protección con formigón para o asentamento da pedra, así como a nova colocación da reixa e pavimento de pedra similar á xa existente de 6 centímetros de espesor asentada no morteiro.

A seguinte intervención será o acondicionamento das pistas dos núcleos de Tarrío.

O alcalde e a edil explicaron que tódalas actuacións detalladas serán realizadas antes do día 31 de decembro do presente ano, ademais de que non se descartan outras a maiores en función do remanente de cada unha das partidas que recolle o orzamento municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.