A narradora Ana Facchini inaugura en Rianxo, este 7 de outubro, a Escola de Familias 2020

29 Setembro 2020

O programa da Escola de Familias 2020 do Concello de Rianxo, inserido dentro do Programa Apego, vén este outono con diversas actividades para os mércores dos meses de outubro, novembro e decembro. Segundo informa o Goberno local, a actividade da Escola de Familias, que se retoma agora logo de que tivera que cancelarse en abril por mor da alerta sanitaria, inclúe propostas diversas (contacontos, obradoiros, charlas, relatorios e recursos sobre saúde) para crianzas e familias. As actividades iranse publicando nas redes con varios días de antelación, debido a que o seu desenvolvemento se poderá ver alterado segundo evolucione a situación sanitaria.

A actividade de benvida á Escola de familias 2020 é unha sesión de contos, cantos e “outras animaladas” coa narradora oral Ana Facchini. Será o mércores 7 de outubro ás 17.30 horas, no Liceo Marítimo de Rianxo. Para participar nesta sesión de apertura hai que inscribirse previamente a través do seguinte correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ onde haberá que indicar o nome da crianza, o nome da persoa acompañante e o número de teléfono. As prazas son limitadas.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...